lunes, 27 de enero de 2014

Stephen Hawking pon en dúbida a existencia dos buratos negros

O astrofísico Stephen Hawking acaba de cumprir 72 anos, pero a pesar da cruel enfermidade que lle mantén totalmente inmobilizado, a súa mente segue reflexionando sobre os enigmas do Cosmos. A súa última conclusión acábaa de lanzar en novo estudo no que asegura que "non hai buratos negros", polo menos tal e como se coñeceron ata agora.

Na investigación, publicada pola web Arxiv.org (onde os físicos adoitan presentar os seus artigos antes de sometelos ao proceso formal de avaliación para a súa publicación nunha revista especializada), o astrofísico pon en dúbida as teorías sobre a noción do chamado horizonte de sucesos, a fronteira invisible a partir da cal nada pode escapar dun burato negro, nin sequera a luz. A nova proposta de Hawking é que non existe este horizonte de sucesos, senón un horizonte 'aparente' que mantén temporalmente prisioneiras a materia e a enerxía antes de liberalas de novo, aínda que dunha forma caótica.

O propio autor desta nova teoría explicou a 'Nature' que "non hai escape dun burato negro na teoría clásica, pero na teoría cuántica permite que a enerxía e a información escapen del".

Para explicar todo o proceso, Hawking apuntou que sería necesario lograr a plena integración nunha única teoría da gravidade coas outras forzas fundamentais da natureza -a relatividade xeral que rexe o universo macroscópico e a mecánica cuántica que rexe o mundo subatómico-, unha fusión que se resiste aos físicos dende hai tempo. "O tratamento correcto segue sendo un misterio", engadiu.

O artigo de Hawking nace dunha charla que o científico levou a cabo a través de Skype no Instituto de Física Teórica Kavli en Santa Bárbara (California) e titulouno 'Preservación da información e a predición do tempo para os buratos negros'. O texto aínda ten que pasar a revisión dos expertos, que deberán dar a súa aprobación para unha publicación oficial.

Expertos explicaron a 'Nature' que a nova obra de Hawking é un intento de resolver un aspecto dos buratos negros que inquietou aos físicos durante case dous anos. Don Page, físico da Universidade de Alberta (Canadá), indicou que "soa radical que propoña que non hai horizonte de sucesos" pero recoñece que "o formulado por Hawking soa razoable".


No hay comentarios:

Publicar un comentario