lunes, 16 de diciembre de 2013

O volcán do parque de yellowstone é moito máis grande do que se cría

O Parque Nacional de Yellowstone, no estado de Wyoming (Estados Unidos), ten debaixo un volcán máis grande do que se esperaba, segundo científicos estadounidenses. Unha recente medición realizada por investigadores da Universidade de Utah, reflicte que a cámara de magma é «preto de 250 por cento máis grande dos cálculos previos e esténdese por máis de 90 quilómetros ao ancho» de gran parte do parque, informa Robert Smith, un dos investigadores.

A última erupción do volcán, acontecida hai máis de 600.000 anos, sentiuse en todo o mundo. Crese que nalgún momento se pode dar outra forte erupción, con efectos potencialmente catastróficos en todo o planeta. Para o científico Robert Smith, non parece que unha erupción vaia acontecer pronto, <<pero se semellante volcán estalase,as consecuencias serían catastróficas>>.

Smith sinala que, por agora, os científicos non poden saber en que momento o volcán podería entrar de novo en erupción, aínda que algúns pensan que <<unha erupción masiva está en camiño>> ao estimar que o volcán de Yellowstone estala cada 700.000 anos, aproximadamente.

Para o seu estudo, os investigadores utilizaron unha rede de sismómetros situados arredor do parque para mapear a cámara de magma. Segundo o observado polo equipo de científicos, a caverna de magma alcanza profundidades de entre 2 e 15 quilómetros e mide ao redor de 90 quilómetros de longo e 30 de ancho. Esténdese aínda máis cara ao nordés do parque do que outros estudos suxeriran, e contén unha mestura de rocha sólida e fundida.

Yellowstone é considerado como o parque nacional máis antigo do mundo, e é mundialmente famoso pola súa diversa fauna e os seus fenómenos xeotérmicos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario